Xornada sobre ovino de leite

Friday, November 23 2007 @ 12:13 PM CET

Autor: Admin

A “Prevención e Control das Enfermidades incluidas no Programa Sanitario da ADSG de Ovino e Caprino: medidas de Control Maedi Visna en explotacións de leite” será o tema de apertura do encontro, sendo os encargados de abordalo Miguel Viñas Vázquez e Pilar Suárez Leal, ambos veterinarios da Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de Ovino e Caprino, ADSG ACIVO.

O ovino de leite será o protagonista dunha xornada técnica que se celebrará mañá sábado a partir das 11.00 horas na Sala de Gandería do recinto Feira Internacional de Galicia, a cal está organizada pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA).

A “Prevención e Control das Enfermidades incluidas no Programa Sanitario da ADSG de Ovino e Caprino: medidas de Control Maedi Visna en explotacións de leite” será o tema de apertura do encontro, sendo os encargados de abordalo Miguel Viñas Vázquez e Pilar Suárez Leal, ambos veterinarios da Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira de Ovino e Caprino, ADSG ACIVO.

A continuación Juan Marco Melero, doutor en veterinaria e xefe do “Laboratorio Normativo de Salud Pública” do Goberno Vasco, impartirá unha conferencia sobre “Patoloxía Xeral nas explotacións de leite: mamitis”.

Os asistentes, un total de 15, compartirán un xantar tras a clausura da xornada, despois do cal realizarán visitas guiadas a diversas explotacións de ovino e caprino de leite da zona.

Comments (0)


REDADS.NET
http://redads.net/public_html/article.php?story=20071123121312606